domingo, 30 de junio de 2013

Visita á exposición: "O BOSQUE. MOITO MÁIS QUE MADEIRA"

        O alumnado de 5º visitou, o 10 de febreiro,a exposición titulada "O bosque. Moito máis que madeira", sita na Praza España de Pontevedra. Pon en valor a unha parte imprescindible das nosas vidas: O bosque, coincidindo además co ano internacional do bosque.
        Como se forma unha  árbore?. ¿Cantos anos ten?. ¿Por que son tan importantes as lombrigas?. A estas e outras moitas preguntas, trata de responder esta exposición. Ten como objectivo principa,l concienciar de que se os bosques desaparecen, a vida nesa zona é totalmente imposible e tamén desaparecerá. De aí, a importancia de coidar e conservar os nosos bosques.
        A triple carpa da exposición inclúe poemas de poetas galegos e españois que teñen un contido espiritual. Imaxes dos bosques dende o espacio, da árbore en si mesma, e a semente, con videos e mostras en tamaño real.
       Ademáis, existen unha serie de paneis nas que se mostran os animais que anidan en cada árbore, os animais que se alimentan do froito de cada árbore e os productos que se poden obter das árbores.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario