domingo, 30 de junio de 2013

Visita ao CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS TORRES ARZOBISPAIS

O 10 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º, visitamos CITA (o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) en Pontevedra. A visita aos restos do antigo Pazo Arzobispal, cuxa construcción  remóntase ao século XII, arranca na rampa de acceso ao interior do foso. O primeiro que un se atopa é unha maqueta da antiga edificación e varias pantallas táctiles con información sobor da historia da cidade e xogos pedagóxicos interactivos. Varias vitrinas mostran diferentes restos de moedas e cerámicas localizadas na mesma excavación da avenida de Santa María, na que se descubriron os restos da fortaleza arzobispal.
 
     O percorrido continúa cruzando unha pasarela que discorre entre o muro interior e exterior do foso, onde se poden contemplar vestixios da ponte levadiza que daba acceso ao pazo e varios proxectís de catapultas, atopados tamén na excavación.
     Ao final do pasadizo, a visita remata coa proxección dun audiovisual en tres dimensións, no que se recrea a Pontevedra medieval e as distintas etapas e episodios bélicos que viviron as Torres Arzobispais dende o século XII ata o seu derribo no século XIX.


No hay comentarios:

Publicar un comentario