domingo, 30 de junio de 2013

OS CATRO DA XUNQUEIRA

O martes 23 de outubro fomos ao Teatro Principal de Pontevedra para ver a:

          'Os 4 da Xunqueira', unha obra teatral e musical proposta polo Xacobeo 2010, dotada dun compoñente educativo e interactivo para os nenos, nenas e anciáns. Está baseada na historia de tradición oral "Os Catro Amigos", presente tanto na cultura portuguesa como na universal, combina música en directo, danza, teatro e malabares para narrar a historia de Can, Boi, Gata e Galo, catro músicos que foxen da cidade buscando no mundo rural un lugar para vivir e ensaiar. O tema fundamental en torno ao que xira a peza é o despoblamento rural e o vínculo que se establece entre mozos e vellos neste medio.
            O programa valora a experiencia e sabiduría dos maiores, así como a transmisión da tradición oral como fonte de sabiduría e presenta aos novos o mundo rural como algo valioso, como unha aventura por descubrir chea de posibilidades.
            A montaxe exemplifica a unión de modernidade e tradición creando en directo unha batería armada con pipos de viño, serras, apeiros de labranza e botellas que soan mediante disparadores midi.



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario