domingo, 30 de junio de 2013

GOTA A GOTA

Hoxe, xoves día 11 de novembro, os rapaces e rapazas de 5ºA e 5ºC participamos no programa Gotagotham,  proxecto educativo de Agbar acerca do ciclo natural e urbán da auga na planta potabilizadora da parroquia de Lérez, na que aprendemos, mediante xogos didácticos, o funcionamento do ciclo da agua. 


 Aquí tendes un enlace á páxina do programa.

EMBALSE DO PONTILLÓN DO CASTRO

                     Os medios de comunicación entiveron alí con nós e fixéronnos unhas reportaxes:

        LOCALIA   TV  PONTEVEDRA
    pincha no debuxo

AS ÁRBORES DO NOSO PATIO






ENTROIDO 2011 ROBIN HOOD

Os nenos e nenas de 5º, fomos disfrazados de ROBIN HOOD, recordando ao conto do mesmo nome que se desenvolve no bosque.
Gracias a todos os mestres, mestras e nais que nos axudaron a facer os traxes.

 

Visita á exposición: "O BOSQUE. MOITO MÁIS QUE MADEIRA"

        O alumnado de 5º visitou, o 10 de febreiro,a exposición titulada "O bosque. Moito máis que madeira", sita na Praza España de Pontevedra. Pon en valor a unha parte imprescindible das nosas vidas: O bosque, coincidindo además co ano internacional do bosque.
        Como se forma unha  árbore?. ¿Cantos anos ten?. ¿Por que son tan importantes as lombrigas?. A estas e outras moitas preguntas, trata de responder esta exposición. Ten como objectivo principa,l concienciar de que se os bosques desaparecen, a vida nesa zona é totalmente imposible e tamén desaparecerá. De aí, a importancia de coidar e conservar os nosos bosques.
        A triple carpa da exposición inclúe poemas de poetas galegos e españois que teñen un contido espiritual. Imaxes dos bosques dende o espacio, da árbore en si mesma, e a semente, con videos e mostras en tamaño real.
       Ademáis, existen unha serie de paneis nas que se mostran os animais que anidan en cada árbore, os animais que se alimentan do froito de cada árbore e os productos que se poden obter das árbores.

 

Visita ao CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS TORRES ARZOBISPAIS

O 10 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º, visitamos CITA (o Centro de Interpretación das Torres Arzobispais) en Pontevedra. A visita aos restos do antigo Pazo Arzobispal, cuxa construcción  remóntase ao século XII, arranca na rampa de acceso ao interior do foso. O primeiro que un se atopa é unha maqueta da antiga edificación e varias pantallas táctiles con información sobor da historia da cidade e xogos pedagóxicos interactivos. Varias vitrinas mostran diferentes restos de moedas e cerámicas localizadas na mesma excavación da avenida de Santa María, na que se descubriron os restos da fortaleza arzobispal.
 
     O percorrido continúa cruzando unha pasarela que discorre entre o muro interior e exterior do foso, onde se poden contemplar vestixios da ponte levadiza que daba acceso ao pazo e varios proxectís de catapultas, atopados tamén na excavación.
     Ao final do pasadizo, a visita remata coa proxección dun audiovisual en tres dimensións, no que se recrea a Pontevedra medieval e as distintas etapas e episodios bélicos que viviron as Torres Arzobispais dende o século XII ata o seu derribo no século XIX.


O SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 5º asistimos a un obradoiro de maxia no Pazo da Cultura, o día 17 de febreiro de 2011.






Demos unha volta polo Salón, vendo todos os traballos dos diferentes centros e o noso propio.



 

Saudounos a mascota do Salón do libro, O LOBO ORBIL, e sacamos unhas fotos con el.


 

Despedímonos plasmando os nosos nomes e algunha que outra pequena mentira.



 

Cristofer fixo os seus piniños coa maxia:




Sheila foi partícipe dun bo truco de maxia:


O alumnado de 5ºA e o de 1ºA LEN XUNTOS

 

OS CATRO DA XUNQUEIRA

O martes 23 de outubro fomos ao Teatro Principal de Pontevedra para ver a:

          'Os 4 da Xunqueira', unha obra teatral e musical proposta polo Xacobeo 2010, dotada dun compoñente educativo e interactivo para os nenos, nenas e anciáns. Está baseada na historia de tradición oral "Os Catro Amigos", presente tanto na cultura portuguesa como na universal, combina música en directo, danza, teatro e malabares para narrar a historia de Can, Boi, Gata e Galo, catro músicos que foxen da cidade buscando no mundo rural un lugar para vivir e ensaiar. O tema fundamental en torno ao que xira a peza é o despoblamento rural e o vínculo que se establece entre mozos e vellos neste medio.
            O programa valora a experiencia e sabiduría dos maiores, así como a transmisión da tradición oral como fonte de sabiduría e presenta aos novos o mundo rural como algo valioso, como unha aventura por descubrir chea de posibilidades.
            A montaxe exemplifica a unión de modernidade e tradición creando en directo unha batería armada con pipos de viño, serras, apeiros de labranza e botellas que soan mediante disparadores midi.



  

SPINDERELLA


      O luns 22 de outubro o alumnado de 5º e 6º fomos ver á compañía Blue Mango Theatre con SPINDERELLA, unha obra musical en inglés no Centro Social Caixanova en Pontevedra.
dunha versión moderna do clásico “A Cincenta” onde se inclúen temas como a boa alimentación ou a importancia de vivir activamente buscando sempre os nosos soños.
      A historia está protagonizada por Cyndy, unha moza que sempre quixo ser unha estrela do pop. Pero o único momento no que pode cantar é cando está cociñando e limpando para a súa horrible írmá maior, Brmaecky, que está obsesionada con comer chocolate e comida rápida, e con xogar a videoxogos. Cando a fada madriña de Cindy, “A raíña do Karaoke”, ven visitala, parece que os seus soños vanse facer realidade.

 
Estes videos son pequenos trozos do que aconteceu: 

                              

        


SAKAPATÚ

O 29 de outubro o alumnado de 5ºe 6º fomos ver unha representación do grupo SAKAPATÚ, unha viaxe pola música andina , no Centro Social Caixanova de Pontevedra.

 
Aquí vai unha pequena mostra da súa actuación

A MALETA

A MALETA

        A partir da última semana do mes de outubro, estamos realizando unha actividade de presentación de nós mesmos, contándolles e ensinándolles aos demais compañeiros e compañeiras da nosa clase de 5ºA, cales son as nosas aficións e gustos, para deste xeito, darnos a coñecer mellor.
        Aquí vai unha pequena mostra dos que xa o fixemos


CARTAFOL DO LÉREZ

      O venres 22 de outubro tivemos no centro unha actividade cos do CARTAFOL DO LÉREZ de KALANDRAKA. Faláronnos da prensa, fixemos as nosas propias noticias e ademáis ensináronnos moitos periódicos e revistas de diferentes países do mundo.